03/08/2009

Mudanza

Estoulle botando un vistazo á casa vella. Despois de 311 entradas publicadas e 114 borradores, marcho do blogger de Google. Van alá tres anos e medio cumpridos dende que me petou abrir un bló e aínda sigo desafogando. O mellor, claro, a de xente que coñecín e mesmo amigos que fixen. Gracias a todos.

Como eu son de casualidades e estou escribindo unha de mudanzas, a partires de hoxe podedes atopar algo co mesmo espíritu de tasca gratuíta en Blogaliza; agradézolles desde aquí, sobre todo a Alfredo Ferreiro, que mo deixaran todo tan ben postiño. Se cadra hai que botar un pouco de acuaplás no buraco do que colgaron algún cadro ou buscar outra cor para o verniz do parqué, pero hei dicir que nunca na vida tiven unha empresa de construción e transportes que fixera tan ben o traballo, ¡e de balde!

Así que, facede o favor, pasade por alí e tomádelle unha.

---------------------------------------------------------------------
P.D.: Si, para ir ó novo bló tes que pulsar aquí. Ou alí, pero non neste alí, senón no de aí arriba. Ou aló. Onde pon algo. O outro algo. Ese. Non, este non. O de máis alá.
P.D.2: Si, xa sei, a imaxe non ten nada que ver co conto, pero é que non me apetecía deixar aí posta a foto dunhas caixas de cartón ou dunha casa vacía, porque esta queda ben chea. Como algún que leu.